lunes, 31 de mayo de 2021

FÁLAME QUE TE SINTO

 

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria co CIP A Rúa participou, xunto con outros coles do Morrazo, nun concurso de oratoria “Fálame que te sinto” organizado polo CEP Plurilingüe de Riomaior, para promocionar o galego e a expresión oral.

Neste concurso, algúns nenos e nenas do noso cole gañaron  algúns premios.

“A viaxe da lentella”.-  Duna, unha nena de 3º de primaria, cóntanos como “Lentella” decidiu facer unha viaxe polo corpo dunha nena e alí topou un amigo chamado “Garavanzo”. Con este conto, Duna gañou o primeiro premio individual.

https://youtu.be/KZhvCoFh44k

“O castelo embruxado”.- é un conto creado por Roi de 3º de primaria, con el conseguiu o segundo premio individual.

https://youtu.be/nlPMWS8u4YI

“Lío de namorados”.- é un poemiña que nos contou Marco de 3º de primaria e con el gañou o terceiro premio individual.

https://youtu.be/O1AEoJEkFBc

“A miña árbore”.- Alejandro de 3º de primaria leunos un poema que fixo el e titulou. “A miña árbore”, con este poema quedou finalista nos premios individuais.

https://youtu.be/8ZoBKCOnsoM

“O raposo”.- O grupo formado por Sabela, Iria, Lola e Noa, crearon un conto sobre un raposo co que gañaron o 3º premio de grupo.

https://youtu.be/7qTuIHj6vEc

“O rescate do dragón”.- é unha historia creada e narrada por Xosel, Mateo e Diego. Con ela conseguiron quedar finalistas no concurso.

https://youtu.be/yaJDOhAzGNw

viernes, 16 de abril de 2021

COIDANDO A NATUREZA

 


Despois de investigar sobre os diferentes ecosistemas, o alumnado de 4º de primaria creou un conto para concienciarnos do importante que é coidar a natureza e en especial aos nosos bosques.

Escoitalo con moita atención porque se todos empezamos a reciclar as paisaxes serán máis fermosas.

lunes, 8 de marzo de 2021

AS AVOAS

 Para celebrar o día da muller traballadora, o alumnado de terceiro e cuarto de primaria, fixéronlle unha homenaxe ás avoas que tanto traballaron e se esforzaron, durante toda a súa vida, para construír unha sociedade mellor.


A RÚA SAE A RÚA