O alumnado de 3º, 4º, 5º e
6º de primaria co CIP A Rúa participou, xunto con outros coles do Morrazo, nun
concurso de oratoria “Fálame que te sinto” organizado polo CEP Plurilingüe de
Riomaior, para promocionar o galego e a expresión oral.
Neste concurso, algúns
nenos e nenas do noso cole gañaron
algúns premios.
“A viaxe
da lentella”.- Duna,
unha nena de 3º de primaria, cóntanos como “Lentella” decidiu facer unha viaxe
polo corpo dunha nena e alí topou un amigo chamado “Garavanzo”. Con este conto,
Duna gañou o primeiro premio individual.
“O
castelo embruxado”.- é un conto creado por Roi de 3º
de primaria, con el conseguiu o segundo premio individual.
“Lío de
namorados”.- é un poemiña que nos contou Marco de 3º de
primaria e con el gañou o terceiro premio individual.
“A miña
árbore”.- Alejandro de 3º de primaria leunos un poema que
fixo el e titulou. “A miña árbore”, con este poema quedou finalista nos premios
individuais.
“O
raposo”.- O grupo formado por Sabela, Iria, Lola e Noa,
crearon un conto sobre un raposo co que gañaron o 3º premio de grupo.
“O
rescate do dragón”.- é
unha historia creada e narrada por Xosel, Mateo e Diego. Con ela conseguiron
quedar finalistas no concurso.