lunes, 11 de enero de 2021

A NOSA LINGUA É A MENCIÑA

 

Neste curso non podemos ir a outros cursos a contarvos os nosos contos, pero si o podemos facer de forma virtual.

Este conto que vos contamos hoxe ten moito que ver con este virus que non para de amolarnos.

Os nosos avós e avoas ao estar acompañados e rodeados de nenos e nenas aos que contarlles ás súas historias  aluméaselles a cara e espantan ao virus.



viernes, 25 de septiembre de 2020

NA RÚA PROTEXÉMONOS

 

Cando comezamos este novo curso, no medio dunha pandemia, atopámonos cun protocolo no noso cole cheo de normas e restricións. O alumnado de 4º de primaria  resumímolas nun vídeo  para que todos os nenos e nenas do cole as entendan mellor.



lunes, 14 de septiembre de 2020

NOVO BLOG DE GALEGO A LAMBETADAS

 Estreamos blog este curso tan difícil, que nos ten tan preocupados con tanta mascarilla por mor do COVID.

Pero seguro que poderemos disfrutar da nosa lingua, coma sempre, con moita ilusión e actividades novas!!




GALEGO A LAMBETADAS!!



A RÚA SAE A RÚA